Plata para nuestro maravilloso Equipo Sub13 y 5º puesto para Iago Castro en el Villa de Avilés

Esta fin de semana o noso clube participou no villa de Avilés 2024. Neste evento celebrado durante todo o fin de semana, a categoría Cadete disputouse o sábado pola mañá na que participaron: Alberto Daviña, Martín Alberto Barbeito, Manuel Rodríguez, Gabriel Rodiles, Nina Tchofo, Carlota Rodríguez e Matías Ramos, acompañados polos seus adestradores: Paula Yáñez, Sergio Barbé e Alberto Rodríguez. Nesta categoría unha das máis duras da fin de semana posto que tratábase dunha super copa de España, os nosos fixeron un bo papel no que cabe destacar a actuación dos nosos – 60 kilos, Alberto Daviña e Martín Alberto Barbeito que gañaron tres e catro combates respectivamente nun peso no que participaron uns 120 judokas. A actuación de Gabriel Rodiles que gañou a súa primera ronda pero cedeu na segunda quedando sen opcións a repesca, a nosa guerreira Carlota Rodríguez estreaba categoría de peso (-57 kg) na que alzouse con duas victorias pero cedeu nos cuartos e na repesca quedando sen opcions as medallas. Por outra banda, Matías Ramos, Nina Tchofo e Manuel Rodríguez a pesar de facer moi bos combates, non tiveron tanta sorte e caeron na primeira rolda sen opción a repesca.


A tarde do sábado, disputouse a categoría Junior na que participaron: Alberto Daviña, Martin Alberto Barbeito e Luca Janiszewski. Tanto Alberto coma Martín, fixeron un bo papel gañando as primeiras rondas, a pesar de competir unha categoría por riba da súa, Luca fixo un bo papel gañando dous combates pero cedeu no combate de eliminatoria e posteriormente na repesca, quedando se opcións as medallas.


O domingo a mañá arrancou a competición dos nosos infantís Iago Castro e Álvaro Sánchez, na que Iago consegiu un 5 posto máis que merecido despois de realizar unha moi boa competición e chengado a meterse no bloque final, pola contra o seu compañeriro Álvaro non tivo tanta sorte e rematou caendo nos combates da liguilla.

Por último cabe descartar a competición do noso equipo alevín composto por: Bruno, Miguel R., Lucía, Miguel, Iago, Joka, Noel, Dani, Iván e Nico que conseguiron unha merecidisima medalla de prata, nunha emocionante competición na que so cederon o encontro co equipo inglés. Fin de semana cheo de emociónsno que os nosos seguen a medrar e aprender!
Foi unha intensa fin de semana con moitas horas de judo, no mellor torneo de todo o panorama nacional, por último queremos agradecer aos familiares desprazados a sua axuda na logística e estamos seguros que os nosos guerreiros sentiron o seu pulo dende as bancadas.

— Actividade subvencionada polo Concello da Coruña, a quen agradecemos sinceramente a súa colaboración e apoio.–