Este fin de semana disputouse a Supercopa de España de Vigo 2024 na que participaron: Hugo López, Alberto Daviña, Martín Alberto Barbeito, Alberto Fernández, Manuel Rodríguez, Gabriel Rodiles, Matías Ramos, Nina Tchofo e Carlota Rodríguez; acompañados polos seus adestradores: Alberto Rodríguez e Paula Yáñez. Nesta ocasión o clube suma un bronce no seu medalleiro particular, conseguido pola espectacular competición realizada por Hugo López na categoría de -90, a pesar de levar só dous anos no club aprendendo este marabilloso deporte, ten unha proxección inmensa. Matías Ramos quedou as portas de disputar un bronce, xa que gañou o seu primeiro combate, cedeu en segunda ronda pero tivo opcions de repescar nas que realizou un primeiro combate de repesca moi bo no que acadou a victoria pero a cedeu na segunda ronda de repesca. Alberto Daviña, Martín Alberto Barbeito, Carlota Ródriguez, Nina Tchofo, a pesar de gañar o primeiro combate, no tiveron tanta sorte na seguinte ronda na que quedaron eliminados sen opción a respesca. Por outra banda, Alberto Fernández, Manuel Rodríguez e Gabriel Rodiles caeron en primeiro ronda sen opción a repesca. Imos cas libretas cheas de apuntamentos e con máis ganas de seguir aprendendo e crecendo xuntos!