Oro para Estrella y Bronce para Yanira en el Campeonato Gallego Absoluto

Este sábado participaron no campionato galego absoluto celebrado no concello de Fene Martín Alberto Barbeito, Luca Janiszewski, Elian Delgado, Hugo López, David e Carlos Prego, Yanira Silva e Estrella López, acompañados por: Alberto Rodríguez, Vinicius Pérez, Sergio Barbé e Paula Yáñez como adestradores. Luca, Martín, Elian e Hugo a pesar de caer na primera ronda realizaron un bo papel sobre o tatami competindo nunha categoría de idade superior que serviu de aprendizaxe para os nosos. Cabe destacar a actuación dos dous irmans Prego que realizaron unas bos combates nos que David gañou a súa primeira ronda, pero cedeu na segunda ronda e quedou as portas da repesca e Carlos cedeu o seu primeiro combate pero rematou a xornada pelexando polo bronce na categoría de – 100 quilos. Por último cabe destacar a actuación das nosas guerreiras, Estrella López consegiu un ouro na categoría de – 57 quilos e Yani a pesar de ceder o seu primeiro combate nos cuartos de final, alzouse ca medalla de bronce na categoría de-52 quilos nun emocionante combate. Boa actuación dos nosos que segen a aprender e crecer cada día!

Por outra banda, a base do club viaxou ata Santiago con Vinicius Peres para adestrar xunto aos clubes do NUGA nunha marabillosa xornada. Gran mañá de judo, chea de dedicación e esforzo en cada randori. Ver a paixón dos máis pequenos e a entrega dos maiores é o que nos motiva a seguir adiante. Cada adestramento é unha oportunidade para mellorar, aprender e gozar deste marabilloso deporte.

Seguimos avanzando xuntos no camiño do judo, paso a paso, tatami a tatami!